CREANDO FORMAS
INTRODUCCIÓN
A ARTETERAPIA ANTROPOSÓFICA HAUSCHKA
A Dra. Margarethe Hauschka, impulsada por la Dra. Ita Wegman, dentro do marco da Medicina Antroposófica desarrollada por Rudolf Steiner, xa nos anos trinta do século pasado, empezou a desarrollar a pintura con fins terapéuticos. Na Arteterapia do seu enfoque non se trata de chegar a un resultado artístico, senón que a meta do traballo atópase no proceso que se ofrece ao paciente según as suas necesidades, considerando a sua constitución, patoloxía, momento biográfico… contemplando o ser humano como un todo: físico, vital, anímico e espiritual, buscando o equilibrio e a relación armoniosa destos elementos como principio terapéutico.
Na Arteterapia Antroposófica Hauschka, traballamos coas cualidades da cor e da forma, mediante a acuarela, o pastel, os 7 tipos de debuxo terapéutico (debuxo ao natural, de formas, raiado, carbón vexetal, dinámico, xeométrico e pastel) e o modelado con barro.
Cada cor e cada técnica teñen unhas cualidades distintas que actúan en distintos niveis do ser humano.
A través da Arteterapia podemos por en movemento aquilo que está bloqueado no noso interior dándonos a oportunidade de poder transformalo. Alí onde pomos a nosa intención e atención, a enerxía actúa.
Cada creación artística é un reflexo do noso interior, o que pintamos, modelamos, debuxamos… fala de nós mesmos, a persoa descúbrese a través do qué e do cómo, pinta, modela, debuxa…
Levamos a nosa atención hacia a observación e a consciencia dun mesmo, podemos reflexionar sobre a nosa forma persoal de pensar, sentir, actuar… estimulando cambios, reforzando a nosa autoconfianza, autoestima, despertando entusiasmo e confianza na vida.
Aprendemos a mirarnos a nós mesmos, a natureza e o que nos rodea con máis profundidade e consciencia.
Na Arteterapia o traballo é tamén unha meditación, un espacio de quietude para estar con un mesmo, disfrutando do momento presente, conectando coa nosa esencia.
Pode ser experimentada por cualquer persoa, de tódalas idades, individualmente ou en grupo, non é necesario ningún coñecemento ou experiencia previa, e pode ser utilizada como acompañamento en multitude de situacións, nun proceso individual de enfermidade física ou psíquica, nos momentos de crise que se poden ir dando ao largo da vida, en un ámbito médico, pedagóxico, social, na atención a maiores, persoas con necesidades educativas especiais, grupos de apoio, de integración, rehabilitación, crecemento persoal…
CONTIDO DO TALLER:
Un taller de arteterapia con debuxo e modelado, dirixido a mozos e mozas de 14 a 21 anos.
En grupo reducido de 4/6 persoas, a ritmo dunha sesión semanal de 90 minutos, no que desarrollamos a nosa capacidade artística, pero sobre todo, ofrecemos un espacio terapéutico.
Cun programa establecido previamente que pode sofrir cambios adaptados as necesidades específicas do grupo en concreto.
OBXETIVOS:
Ofrecer un espacio para eles e elas mesmas onde disfrutar dunha actividade artística a través do debuxo e modelado.
Potenciar momentos de concentración e aprendizaxe para un san crecemento e desarrollo.
Despertar entusiasmo e motivación.
IMPARTE:
Beatriz Domínguez, Diplomada en Educación Primaria pola Universidade de Vigo e formada en Arteterapia Antroposófica Hauschka.
GRUPOS E HORARIOS:
PONTEAREAS: MÉRCORES de 17 a 18:30 en C.A. SPORTIVO
VIGO: XOVES de 18 a 19:30 en GALISAN
COMEZO EN OUTUBRO
APORTACIÓN: 55€/mes MATERIAIS INCLUIDOS
(50€/mes socios/as Centro Artístico Sportivo)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: 610753985 beatrizdomarti@gmail.com
.jpg)