A ARTETERAPIA ANTROPOSÓFICA HAUSCHKA
A Dra. Margarethe Hauschka, impulsada por la Dra. Ita Wegman, dentro do marco da Medicina Antroposófica desarrollada por Rudolf Steiner, xa nos anos trinta do século pasado, empezou a desarrollar a pintura con fins terapéuticos. Na Arteterapia do seu enfoque non se trata de chegar a un resultado artístico, senón que a meta do traballo atópase no proceso que se ofrece ao paciente según as suas necesidades, considerando a sua constitución, patoloxía, momento biográfico… contemplando o ser humano como un todo: físico, vital, anímico e espiritual, buscando o equilibrio e a relación armoniosa destos elementos como principio terapéutico.
Na Arteterapia Antroposófica Hauschka, traballamos coas cualidades da cor e da forma, mediante a acuarela, o pastel, os 7 tipos de debuxo terapéutico (debuxo ao natural, de formas, raiado, carbón vexetal, dinámico, xeométrico e pastel) e o modelado con barro.
Cada cor e cada técnica teñen unhas cualidades distintas que actúan en distintos niveis do ser humano.
A través da Arteterapia podemos por en movemento aquilo que está bloqueado no noso interior dándonos a oportunidade de poder transformalo. Alí onde pomos a nosa intención e atención, a enerxía actúa.
Cada creación artística é un reflexo do noso interior, o que pintamos, modelamos, debuxamos… fala de nós mesmos, a persoa descúbrese a través do qué e do cómo, pinta, modela, debuxa…
Levamos a nosa atención hacia a observación e a consciencia dun mesmo, podemos reflexionar sobre a nosa forma persoal de pensar, sentir, actuar… estimulando cambios, reforzando a nosa autoconfianza, autoestima, despertando entusiasmo e confianza na vida.
Aprendemos a mirarnos a nós mesmos, a natureza e o que nos rodea con máis profundidade e consciencia.
Na Arteterapia o traballo é tamén unha meditación, un espacio de quietude para estar con un mesmo, disfrutando do momento presente, conectando coa nosa esencia.
Pode ser experimentada por cualquer persoa, de tódalas idades, individualmente ou en grupo, non é necesario ningún coñecemento ou experiencia previa, e pode ser utilizada como acompañamento en multitude de situacións, nun proceso individual de enfermidade física ou psíquica, nos momentos de crise que se poden ir dando ao longo da vida, en un ámbito médico, pedagóxico, social, na atención a maiores, persoas con necesidades educativas especiais, grupos de apoio, de integración, rehabilitación, crecemento persoal…
CONTIDO DO TALLER:
Un taller de arteterapia con acuarela, debuxo e modelado, dirixido a mulleres con ganas de pintar, de ofrecerse un espacio para si mesmas, de coñecerse e sentirse mellor.
En grupo de máximo 12 persoas, a ritmo dunha sesión semanal de 90 minutos, no que aprendemos técnica e desarrollamos a nosa capacidade artística, pero sobre todo, ofrecemos un espacio terapéutico, a través de propostas individuais, en parella e grupo.
Cun programa establecido previamente que pode sofrir cambios adaptados as necesidades específicas do grupo en concreto.
OBXETIVOS:
Ofrecer un espacio para sí mesmas donde disfrutar pintando.
Potenciar unha sana autoestima e un estado de benestar na persoa a través da actividade artística.
Facilitar o descubremento de procesos internos, sentimentos e emocións.
IMPARTE:
Beatriz Domínguez, Diplomada en Educación Primaria pola Universidade de Vigo e formada en Arteterapia Antroposófica Hauschka.
GRUPOS E HORARIOS:
GONDOMAR: LUNS de 19 a 20:30h en NORNAS HOSTEL
CANGAS: MARTES de 18:45 a 20:15h en O MANANCIAL
PONTEAREAS: MÉRCORES de 19 a 20:30h en C.A. SPORTIVO
VIGO: XOVES de 20 a 21:30h en GALISAN
COMEZO EN OUTUBRO
APORTACIÓN: 55€/mes MATERIAIS INCLUIDOS
(50€/mes socios/as C.A. SPORTIVO)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: 610753985 beatrizdomarti@gmail.com
